Estamos a mudar o aspeto do site e adaptando-o a multilingue assim que pode haver coisas bem estranhas! Muito obrigado pela vossa paciência :)

Afondando na práctica (Semana 18)

Cando hai alguén de quen as accións son pouco amables, os seus pensamentos malsanos e prexudiciais as súas palabras, o máis seguro é que esté sufrindo moito.

Thich Nhat Hanh

Querida Sangha,

As propostas de prácticas estanse a pór cada vez máis interesantes, vaia reto está sendo o de vivir espertos e espertas!

Como están sendo as últimas semanas? Como estás vivindo o de calar ás veces as túas opinións? Que tal foi parar para escoitar ós outros? Non é sinxelo, máis é ben entretido. E esperamos que tamén divertido, pois é importante ser dilixentes na práctica pero máis o é vivir relaxados e con alegría.

Continuamos afondando na práctica, nesta ocasión con algo que se relaciona directamente co Quinto Adestramento (se queres saber máis sobre os adestramentos podes lelos aquí): aprender a nutrirnos ben. A práctica desta semana lémbranos que non so nos nutrimos co alimentos que inxerimos pola boca, sequera cos raios de sol, senon tamén do que escoitamos, do que lemos…

Que teñades unha fermosa práctica.

Estamos aquí para vós,
Unha grande aperta.

NOTA: no seguinte enlace podes consultar as semanas de práctica anteriores https://terradepresencia.org/?s=manual+plena+consciencia

Se queres recibir as seguintes propostas no teu correo podes suscribirte á lista neste enlace: terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico/

SEMANA 18

Farei consciencia do que escoito: Prodúceme benestar? Prodúceme malestar? Non me permitirei estar en conversas velenosas, ou naquelas en que falan mal doutras persoas. Terei a coraxe de dicir ós outros: “Non sigamos xerando este veleno!”. Intentarei que a compaixón xurda deles cara ese ser.