
O mestre zen Thich Nhat Hanh é un líder espiritual, poeta e activista pola paz mundial, recoñecido polas súas poderosas ensinanzas sobre a atención plena e a paz. Un monxe amable e humilde, a quen o Dr. Martin Luther King chamou “o apóstolo da paz e a non violencia” cando o nomeou para o Premio Nobel da Paz. Thich Nhat Hanh foi un pioneiro en levar o budismo e a atención plena a Occidente, e no establecemento dunha comunidade budista comprometida para o século XXI.
Primeiros anos
Nado no centro de Vietnam en 1926, Thich Nhat Hanh ingresou no templo Từ Hiếu, na cidade de Hue, como monxe novizo á idade de dezaseis anos. Cando era un xove bhikshu (monxe) a principios da década de 1950, participou activamente no movemento para renovar o budismo vietnamita.
Activismo social durante a guerra de Vietnam
Cando chegou a guerra a Vietnam, os monxes e monxas enfrontáronse á cuestión de se adherirse á vida contemplativa e permanecer meditando nos mosteiros, ou axudar ás persoas que os rodeaban e que sufrían baixo os bombardeos e a axitación da guerra. Thich Nhat Hanh foi un dos que elixiron facer ambas cousas e, ó facelo, fundou o movemento Budismo Comprometido que posteriormente sería renomeado como Budismo Aplicado. Dende entón, dedicou a súa vida ó traballo de transformación interior en beneficio das persoas e a sociedade.
En Vietnam, a principios da década de 1960, Thich Nhat Hanh fundou a Escola de Xuventude e Servizo Social, unha organización de axuda de base de 10.000 voluntarios baseada nos principios budistas de non violencia e acción compasiva.
Como académico, mestre e activista comprometido na década de 1960, Thich Nhat Hanh tamén fundou a Universidade Budista Van Hanh en Saigón, a editorial La Boi e unha influente revista activista pola paz. En 1966 estableceu a Orde do Interser, unha nova orde baseada nos preceptos tradicionais do Bodhisattva Budista.
O 1 de maio de 1966 no templo de Từ Hiếu, Thich Nhat Hanh recibiu a ‘transmisión da lámpada’ do mestre Chan That.
Exilio de Vietnam
Uns meses máis tarde, viaxou unha vez máis ós Estados Unidos e Europa para defender a paz e pedir o fin das hostilidades en Vietnam. Foi durante esta viaxe de 1966 que coñeceu a Martin Luther King, quen o nomeou para o Premio Nobel da Paz en 1967. Como resultado desta misión, tanto Vietnam do Norte como Vietnam do Sur negáronlle o dereito a regresar a Vietnam, iniciando un longo exilio de 39 anos.
Fundación de Plum Village en Francia

A principios da década de 1970 foi profesor e investigador de budismo na Universidade da Sorbona, en París. En 1975, estableceu a comunidade de Sweet Potato cerca de París e, en 1982, mudouse a un lugar moito mais grande no suroeste de Francia, que pronto se coñeceu como “Plum Village”.
Baixo o liderado espiritual de Thich Nhat Hanh, Plum Village creceu dunha pequena granxa rural o que agora é o mosteiro budista máis grande e activo de Occidente, con máis de 200 monxes residentes e máis de 10.000 visitantes cada ano, que veñen de todo o mundo para aprender “a arte de vivir conscientemente”.
Plum Village da a benvida a persoas de todas as idades, orixes e relixións en retiros onde poden aprender prácticas como a meditación camiñando, a meditación sentada, a meditación comendo, a relaxación total, a meditación do traballo e o parar, sorrir e respirar conscientemente. Todas estas son prácticas budistas antigas, cuxa esencia Thich Nhat Hanh desenvolveu para ser aplicadas fácil e poderosamente ós desafíos e dificultades do noso tempo.
Nos últimos vinte anos, mais de 100.000 persoas comprometéronse a seguir os Cinco Adestramentos na súa vida diaria, uns preceptos modernizados de ética global universal creados por Thich Nhat Hanh.
Máis recentemente, Thich Nhat Hanh fundou Wake Up, un movemento mundial de miles de mozos que se capacitan nestas prácticas de vida consciente, e lanzou un Wake Up Schools internacional, un programa de formación de profesores para ensinar atención plena nas escolas de Europa, América y Asia.
Na última década, Thich Nhat Hanh abriu mosteiros en California, Nova York, Vietnam, París, Hong Kong, Tailandia, Mississippi e Australia, e o primeiro “Instituto de Budismo Aplicado” de Europa en Alemaña.
O 11 de novembro de 2014, un mes despois de cumprir 88 años e tras varios meses de rápido deterioro da sua saúde, Thich Nhat Hanh sufriu un derrame cerebral grave. Aínda que non pode falar e está paralizado do lado dereito, continua ofrecendo o Dharma e a inspiración a través da súa presenza pacífica, serea e valente.
Thich Nhat Hanh reside actualmente no Templo Từ Hiừu en Vietnam, onde foi ordenado co seu mestre cando tiña dezaseis años. Expresou o seu desexo de permanecer alí os días que lle quedan. Sae regularmente na súa cadeira de rodas para visitar os altares do templo e para guiar á Sangha na meditación camiñando arredor dos estanques e estupas ancestrais. O regreso de Thay a Từ Hiếu foi unha campá de atención plena que nos recorda a todos o precioso que é pertencer a unha liñaxe espiritual con raíces profundas.
