Estamos a mudar o aspeto do site e adaptando-o a multilingue assim que pode haver coisas bem estranhas! Muito obrigado pela vossa paciência :)

Afondando na práctica (Semana 19)

Non espere que se poida eliminar o lado malo. É moi fácil crerse o lado bo e crer que o outro é o malo.

Thich Nhat Hanh

Querida Sangha,

A nosa mente ás veces funciona coma unha etiquetadora. Acota a realidade contándonos cousas como: “gústame, non me gusta, alto, baixo, preto, lonxe, arriba, abaixo, igual, distinto…”, pero isto so son nocións, non son verdades absolutas, e dende logo non teñen porque ser a realidade.

Conceptos que poden ser moi útiles para manexarnos no día a día tamén poden aillarnos, afastándonos dos demáis, e polo tanto, afastándonos da vida. Poderemos observar ese hábito tan forte da mente de xulgalo todo e a todos? Esta é a proposta para esta semana.

Que sigades gozando da práctica.

Un fermoso loto para vós,
futuros Budas.

NOTA: no seguinte enlace podes consultar as semanas de práctica anteriores https://terradepresencia.org/?s=manual+plena+consciencia

Se queres recibir as seguintes propostas no teu correo podes suscribirte á lista neste enlace: terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico/

SEMANA 19

Farei consciencia dos meus xuizos automáticos sobre todos e sobre todo, percatándome de que non posúo datos suficientes e verdadeiros para emitilos sobre case ninguén e sobre case nada.

Anotarei diariamente as veces que emitín ou pensei o meu xuizo automático.