Estamos a mudar o aspeto do site e adaptando-o a multilingue assim que pode haver coisas bem estranhas! Muito obrigado pela vossa paciência :)

Afondando na práctica (Semana 17)

Vivir conscientes é un arte e cada un de nós debemos adestrarnos para ser artistas.

Thich Nhat Hanh

Queridos irmáns e irmás,

A pasada fin de semana celebreouse o primeiro retiro online de Plum Village para hispanofalantes. Nel, os mestres do Dharma Phap Luu e Julia Ramanoelina, falaron sobre a impermanencia e o vital de construir / reaprender na nosa mente camiños de beleza e harmonía que nutran cousas fermosas en nós e nos demais. Cómo aprender a vivir atentos pode abrirnos a oportunidade de xerar alegría e felicidade a cada intre para nós e para todos e todas as que nos acompañan.

Tamén o irmán Miguel (Michael Schwammberger) falou da importancia de protexer a semente do espertar. Recoñecer a fraxilidade que ainda teñen en nós as sementes da alegría, da paz, da esperanza ou da estabilidade para comprometernos a nutrir cada día a nosa práctica da atención plena.

Pois coa proposta desta semana temos unha nova oportunidade de seguir afondando na práctica, nesta ocasión coa escoita profunda.

Un fermoso loto para todos e todas,
Como din os nosos irmáns de latinoamérica: Budas en formación 🙂

NOTA: Este é o enlace para consultar as semanas de práctica anteriores https://terradepresencia.org/?s=manual+plena+consciencia

Se queres recibir as seguintes propostas no teu correo podes suscribirte á lista neste enlace: terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico/

SEMANA 17

Aprenderemos a escoitar cando alguén nos fale, pararemos o que estamos facendo, miraremos a esa persoa e en silencio dirémoslle: «Estou aquí presente para ti, para escoitarte». Centraremos a nosa atención na nosa respiración, intentaremos reflexar a nosa mente, sen xulgar o que estamos oíndo. Estaremos totalmente presentes para percibir a esa persoa máis alá das palabras, na súa totalidade. Deixaremos que se exprese totalmente, non a interrumpiremos. Quizáis ó final digamos ou non algunha palabra que sala do noso corazón, non do noso intelecto.