Comunicados

Sangha Online (27 de xaneiro)

“Cuando plantas una lechuga, no la culpas a ella si no crece bien. Analizas los motivos por los que su cultivo no ha salido como esperabas. Es posible que necesite un fertilizante, o más agua, o menos luz solar. Nunca le echas la culpa a la lechuga. Sin embargo, si tenemos algún problema con nuestros amigos o nuestra familia, culpamos a la otra persona.”

Thich Nhat Hanh

Queridos irmáns e irmás,

Na Sangha atopamos un refuxio que permite que a nosa barca non navegue a deriva. Cando temos unha comunidade que nos apoia e camiña con nós, os nosos pequenos logros persoais non se perden na escuridade, nas pequenas escuridades que todos e todas levamos no corazón.

Tomar refuxio na Sangha é confiar nos irmáns e irmás que nos acompañan, sabendo que xuntos, xuntas, a nosa práctica da atención plena, a nosa capacidade para vivir despertos vólvese sólida e estable coma unha montaña. Cando nos sentimos nesa estabilidade podemos afrontar con maior compaixón e ecuanimidade aquelas circunstancias imprevistas que noutro momento nos xerarían tanto sufrimento.

Confiamos plenamente na transformación que facilita unha sangha, na lanterna que supón para todas as persoas que establecen o seu compromiso nunha vida atenta. Por isto iniciamos a sangha online, e por isto continuamos día a día alimentando este fermoso proxecto, porque ainda na distancia, podemos atopar o sustento dunha comunidade.

Lembrámosvos que estamos aquí para vós, no que precisedes, no que poidamos aportar. O máis fermoso deste camiño é compartilo.

Apertas de corazón e un fermoso loto.

*************

Convocamos para mañán (mércores 27 de xaneiro), un novo encontro da sangha online. Se non dispós do enlace de acceso podes escribirnos por correo a sangha@terradepresencia.org

Para recibir estes avisos no correo electrónico podes suscribirte á lista de correo no seguinte enlace:https://terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará