Esta actividade realízase o segundo sábado de cada mes e ten por obxectivo abrir a sangha a todas as persoas, de todas as crenzas e idades, refrescando así o noso compromiso de inclusividade.

Buscamos neste tipo de encontros reforzar a nosa fraternidade, colaborando con proxectos afíns, mellorando a contorna… e dispondo de tempo para compartir dende a “práctica da non práctica” (a práctica da atención plena dun xeito non formal).

Polo xeral, comezamos ó mediodía, entorno ás 13h, de xeito que poidamos compartir xuntos/as o xantar, ainda que é posible incorporarse á tarde, momento no que soemos facer xuntos/as algunha actividade.

Neste tipo de encontros cada un leva a súa comida para despois compartir co resto de persoas. Tamén corresponde a cadaquén acudir coa roupa e calzado adecuado para a actividade que se vaia desenvolver.

Segundo o caracter da actividade, pódese desenvolver en Vilas (Gondomar) ou noutra ubicación, notificándose previamente na lista de correo electrónico. Do mesmo xeito, as actividades son gratuitas aínda que disporemos unha caixa de Dana para quen queira realizar unha aportación á Sangha ou á persoa que imparte a actividade cando sexa o caso.

Para acudir a estes encontros é preciso reservar previamente por correo electrónico ou teléfono.

Felices de seguir compartindo.