Comunicados

Todo é impermanente…

Queridos irmáns e irmás,

Dada a situación global actual, vémonos na obriga de suspender os encontros para a práctica tanto semanais como mensuais.

Sen embargo, conscientes da impermanencia, agardamos o momento no que esta situación amaine e sexa posible volver reunirnos de novo, coas apertas, cos sorrisos, e coa plena atención.

Mentres tanto iremos compartindo, quizáis agora especialmente, contido que nos axude no camiño da práctica, reflexións, charlas do Dharma, pequenos textos… Para que todos poidamos seguir camiñando e sentir o calor da Sangha.

Se desexas recibir as publicacións, actualizacións, e calquera información relativa a sangha, escríbenos por favor ó correo sangha@terradepresencia.org para que poidamos incluirte na lista.

Aproveitamos para recordarvos a todos que o Diario de Práctica é un espazo aberto á participación de tódolos membros da Sangha para que poidades compartir as vosas experiencias, sentires, dificultades, creatividades… ou calquera cuestión que consideres, relacionada co Camiño.

Fermoso momento presente, cheo de Vida alá onde miremos.

Un fermoso loto para ti, futuro Buda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *