Comunicados

Compartindo coa Sangha: Roteiro, con César Lema

O próximo sábado 9 de outubro temos unha nova edición dos encontros de “Compartindo coa Sangha”, nesta ocasión gozando da fermosa compaña de César Lema, Doutor en Bioloxía, experto en plantas silvestres, e gran amigo.

Como sempre estaremos en Vilas (Gondomar), co seguinte programa:

PRIMEIRA PARTE (Opcional)

13:00h Acollida

13:45h Pequena meditación

14:00h Comida compartida

Tempo de Lecer ata as 16:30h

SEGUNDA PARTE

16:30h Pequena meditación

16:45h Roteiro, con César Lema

18:15h Pequena meditación

18:30h Compartir de experiencias

19:15h Despedida

Como no encontro anterior, quen queira pode acudir dende o mediodía e compartir a comida no espazo da sangha, ou senón incorporarse na xornada da tarde, na cal faremos o roteiro de recoñecemento de plantas silvestres pola finca.

Neste día, a Dana (práctica da xenerosidade) será en forma de aportacións económicas voluntarias, que serán entregadas íntegramente a César, en agradecemento á súa labor de investigación e difusión dos usos e virtudes das plantas silvestres.

Comentarvos tamén que se alguén quere pode facerse con algún dos libros publicados de César como xeito de apoiar a súa labor: Bienaventurada la maleza porque ella te salvará la cabeza, Usos de 113 plantas silvestres de los campos norteños (2016), Manual de cocina bellotera para la era postpetrolera (2013).

Lembrarvos por último, que para acudir a esta actividade é preciso reservar previamente por teléfono (677 718 791) ou correo electrónico (sangha@terradepresencia.org).

Gracias!


Se queres coñecer máis sobre este tipo de encontros podes ler o seguinte artigo:

https://terradepresencia.org/compartindo-coa-sangha/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *