O próximo sábado 11 de decembro temos unha nova edición dos encontros de “Compartindo coa Sangha”.
Este tipo de encontros permítennos gozar dun día de descanso, alegría e fraternidade. Neste mes estaremos compartindo o día con Silvia Melon, música, cantante… e amiga querida na sangha, que nos estará acompañando nunha actividade de expresión (e experimentación!) vocal e musical accesible para todas as persoas de todas as idades.
A actividade, como o mes pasado, levarase a cabo entre a cabaña e a antiga escola de Vilas (Gondomar), co seguinte programa:
PRIMEIRA PARTE (Opcional)
13:00h Acollida (na cabaña)
13:30h Meditación camiñando (dende a cabaña ata a antiga escola)
14:00h Xantar compartido
Tempo de Lecer ata as 15:45h
SEGUNDA PARTE
15:45h Pequena meditación
16:00h Expresión vocal e musical, con Silvia Melon
17:15h Compartir de experiencias
18:15h Meditación camiñando (dende a antiga escola ata a cabaña)
As persoas que queiran poden unirse dende o mediodía e compartir a comida coa sangha, ou incorporarse na xornada da tarde, na cal faremos a actividade musical na escola. Esta actividade é gratuita, ainda que haberá unha caixa de Dana para quen queira facer aportacións voluntarias á sangha.
Posto que nesta ocasión a comida será na antiga escola, pregamos que cada un leve todo o que precise para o xantar (alimentos, utensilios, etc).
Lembrarvos, por último, que para acudir a esta actividade é preciso reservar previamente por teléfono (677 718 791) ou correo electrónico (sangha@terradepresencia.org).
Graciñas!