Estamos a mudar o aspeto do site e adaptando-o a multilingue assim que pode haver coisas bem estranhas! Muito obrigado pela vossa paciência :)

Afondando na práctica (Semana 9)

Supongamos que hay una mandarina en una mesa y alguien pregunta: “¿Cómo sabe?”. En vez de responder, partes la mandarina e invitas al que ha preguntado a que la pruebe. Haciendo esto, le permites que entre en “lo que es” de la mandarina sin ninguna descripción verbal o conceptual.

Thich Nhat Hanh

Querida Sangha,

Na tradición de Thay, os gathas (ou pequenos poemas) teñen unha especial relevancia no propósito de ir asentando a práctica da atención plena nas tarefas de cada día. Existen gathas para moitas das accións cotiás, aínda que cada un pode crear as súas propias recitacións que lle lembren que continúa vivo, no momento presente.

Por exemplo, ó subir ou baixar as escaleiras recitamos este gatha:

Subindo e baixando as escaleiras
os meus pés son suaves e lixeiros.
Cando escoito os meus pés taconear
sei que ainda non cheguei verdadeiramente.

Recitar este gatha mentres nos desprazamos polos escalóns nos devolve a nós mesmos, nos saca do divagar da mente, e sincronizando a nosa respiración co movemento e a recitación, o noso corpo e a nosa mente moran realmente no momento presente. As escaleiras deixan de ser un medio para chegar a outro lugar, e o feito de desprazarnos por elas vólvese cheo de sentido en si mesmso.

A proposta desta semana do Manual para a plena consciencia de Thay leva a nosa atención a ese intre entre que subimos e baixamos as escaleiras, cunha versión simplificada do gatha que acabamos de comentar.

Animamos a todos e a todas a pór en práctica esta nova oportunidade de morar no mellor momento, o momento que está ocorrendo aquí e agora.

Unha grande aperta,
e un fermoso loto.

SEMANA 9

Subirei conscientemente todas as escaleiras que atope no meu camiño.

Inhalo, un escalón, un pé: “Cheguei“.

Exhalo, outro escalón, outro pé: “Estou en casa“.

Chegar, a onde? Chegar a min mesmo, ó meu momento presente.

Para profundizar máis sobre os gathas podes ler o seguinte artigo:

https://terradepresencia.org/os-gathas/

Lembra que podes consultar as propostas das semanas anteriores neste enlace:

https://terradepresencia.org/?s=manual+plena+consciencia