Comunicados

Día de Reis: panxoliña e agasallo para a Sangha

Panxoliña…

Querida familia,

Desexamos que estedes desfrutando dun feliz Día de Reis!

Nesta data de celebración queriamos compartir con vós este vídeo dos irmáns e irmás dun dos mosteiros de Thay en Plum Village (Francia) cantando “Feliz Navidad”. Estes minutiños nos lembran que a práctica da atención plena, de vivir espertos, está chea de alegría e a creatividade!

E un agasallo para a Sangha…

Nesta tradición, a campá é un elemento máis da Sangha que nos lembra co seu son a necesidade de estar atentos, espertando a natureza búdica (a capacidade de vivir espertos) que todos os seres levamos no noso interior. Por isto, invitamos o son da campá varias veces ó día, para ter moitas oportunidades de regresar á nosa calma interior.

Cando escoitamos a campá espertar (un son seco, corto), deixamos o que estamos facendo e volvemos a nós, a nosa respiración, para estar praparados para recibir o seguinte son da campá. A continuación escoitamos un son longo (que chamamos invitar a campá a sonar), e con el facemos tres respiracións sendo moi conscientes da inhalación e da exhalación, tomando conta de como está o noso corpo e a nosa mente nese momento, e sorrindo ó momento presente. Despois continuamos coa tarefa na que nos atopábamos.

Soemos ter unha campá programada en distintos momentos do día para que nos invite a estar atentos nas horas puntas, nas e media, nas e cuarto… ou cando decidamos. Esa campá automática pode ser perfectamente a campá da Igrexa se vivimos nunha aldea, ou sofisticadas app para o teléfono que fan unha función similar.

En resposta a isto, un irmán da Sangha (Xesús) ofreceuse a crear dous arquivos de son cos que poder desfrutar do son da campá mentres traballamos, imos en coche, camiñamos… ou calquera outra actividade. Tan so é preciso reproducir o son e activar a opción de repetición no noso reproductor. Este son está dispoñible en dúas opcións: para que sone cada 15 minutos ou cada 30 minutos.

Invitámosvos a desfrutar desta valiosa ferramenta, que quizáis por ser tan sinxela é verdadeiramente transformadora.

Aquí vos deixamos o comentario que compartiu Xesús sobre esta ferramenta e os arquivos para descargar (libres de dereitos).

Apertas para todos e todas,

e grazas pola vosa xenerosidade!

O outro día comentábamos sobre a app que fai unha campá cada x minutos, e que se instala no navegador, para que nos “interrumpa” mentres traballamos en cousas super”importantes”… etc Entón pensei que non me gusta a idea de darlle máis poder ao google, a miña-nosa meditación é miña-nosa… é personal… entón fixen un arquivo de audio, que só hai que reproducir no reproductor (do pc-ordenador, do móbil, ou nun CD, no coche, en calquera lugar…) Se lle damos a repetición automática xa o temos listo… Un arquivo invita á campá cada 15 minutos, outro cada 30 minutos.

Ó clicar sobre cada botón abrirase o audio no navegador. Para gardalo no voso ordenador podedes facer clic co botón dereito do ratón sobre a barra de reproducción e despois darlle a “Guardar audio como…” e aí xa seleccionades onde queredes gardalo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *