Comunicados

Afondando na práctica (Semana 16)

Derecho e izquierdo, son los dos lados de un mismo bastón. No tome partido. Si lo hace, está tratando de eliminar la mitad de la realidad, lo que es imposible.

Thich Nhat Hanh

Queridos irmáns e irmás,

As nosas opinións, crencias, proxectos… dan forma ó noso Eu Yo). Canto máis sólido se volve ese Eu, máis reforzamos a nosa idea de seres separados, aillándonos da vida que nos rodea e afastándonos dos demáis.

Nas pasadas semanas viñamos xa observando o mundo que creamos coas nosas palabras, porque non ver agora o mundo que podemos crear cos nosos silencios?

Recibe unha grande aperta,
e un fermoso loto.

NOTA: Este é o enlace para consultar as semanas de práctica anteriores https://terradepresencia.org/?s=manual+plena+consciencia

Se queres recibir as seguintes propostas no teu correo podes suscribirte á lista neste enlace: terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico/

SEMANA 16

Esta semana pararemos polo menos tres veces ó día o impulso automático de falar. Cando estemos con ootras persoas, pecharemos conscientemente a nosa boca e, en lugar de falar, respiraremos e sorriremos, darémonos conta de que non é tan importante dar sempre a nosa opinión sobre todas as cousas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *