Comunicados

Afondando na práctica (Semana 24)

Debes ser capaz de desprenderte de todo o teu saber intelectual, de todas as túas ideas, das conviccións que tes actualmetne. Mentres creas que xa tes a verdade nas túas mans, a porta do teu espírito estará pechada. Incluso se a verdade chama a ela, non estarás en condicións de deixala entrar.

Thich Nhat Hanh

Querida Sangha,

Canta maior é a comprensión, maior é a compaixón; e a maior compaixón maior amor. Cando non logramos comprendernos, comprender ó outro, sufrimos, e nese sufrimento xeramos sufrimento nos demais.

Parar, observar, comprender, aceptar… e fluir, son pasos que poden levarnos a un mellor amor cara nós mesmos e os seres que nos acompañana, pero isto require de práctica. Xerar un novo hábito.

Imos cunha nova semana de práctica. Agarimemos as boas sementes!

Apertas,
e feliz práctica queridos irmanciños, irmaciñas.

NOTA: no seguinte enlace podes consultar as semanas de práctica anteriores https://terradepresencia.org/manual-para-a-plena-consciencia/

Se queres recibir as seguintes propostas no teu correo podes suscribirte á lista neste enlace: terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico/

SEMANA 24

Tomarei consciencia da aceptación: Compréndome, acéptome e ámome a min mesmo como son? Consciente de que hai moitas cousas que ainda debo transformar, escribirei nunha lista as cousas que vaia descubrindo que me gustan de min, e noutra lista, as cousas que me gustaría transformar. Compréndome, sorríome a min mesmo e permítome fluir coma un fermoso río? Comprendo, acepto e permito fluir ós outros seres que me rodean como son? Ou, desexo que sexan so como eu quero que sexan e se non é así enfádome? Anotarei todos os enfados que teño durante cada día por este motivo. Comprendo e acepto as leis da naturaleza de nacemento, madurez, vellez e morte en min mesmo e nos seres que amo?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *