Comunicados

Capturas do Día de Atención Plena (27-03-21)

Querida Sangha,

Hai momentos nos que sentimos como unha gran tormenta (interior e exterior) nos envolve e nos arrastra a mares feroces e descoñecidos. En instantes coma eses sentimos que navegamos á deriva, e vivimos co medo de naufragar en calquera intre.

No medio da tormenta, precisamos dunha barca que nos permita sentirnos seguros, a salvo, máis alá das circunstancias que estén ocorrendo fora. E precisamos dunha tripulación da nosa confianza, que reme por nós cando estemos cansos e que guíe o noso bote incluso nas noites máis treboeiras.

Precisamos rodearnos de bos mariñeiros, algúns novos que nos aporten fortaleza e entusiamos, e outros experimentados, que acumulan na súa sabedoría moitos anos de aventuras mareiras.

Así logramos saír en paz a un mar descoñecido, sabendo que sopre por onde sopre o vento podemos confiar na estabilidade da barca na que nos movemos. E co tempo, nos días de vento calmo, xa iremos vendo a onde chegaremos con ela, pero polo momento imos tranquilos de sabernos a flote.

Queridos irmáns e irmás: iso é unha sangha.

Enviamos unha amorosa aperta a todas e a todos os que estades, de tan múltiples xeitos, acompañando este camiño.

Estamos moi felices de sentirvos aí.

Agarimos,
e alegrías.

NOTA:

A partir de agora haberá dous días de atención plena ó mes, o segundo e o último sábado de mes.

Con isto buscamos preservar a riqueza de compartir en maior intimidade, mantendo os grupos reducidos. Deste xeito tamén temos a posibilidade de gozar de máis días de práctica.

Así que, o sábado 11 de marzo volveremos celebrar Día de Atención Plena en Vilas (Gondomar), aberto a todas e todos os que queirades participar.

Estamos aquí para vós!

Se queres recibir no teu correo as seguintes convocatorias, os materiais de práctica e outros contidos podes suscribirte á lista da Sangha aquí:

terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico/

Neste enlace tamén podes consultar o calendario cos seguintes encontros da sangha:

https://terradepresencia.org/participar/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *