Comunicados

Afondando na práctica (Semana 7)

Cando camiñas con plena consciencia, das exemplo a todos os que te ven, anínda que non te decates. Cando te vexamos camiñando con liberdade, en paz, con alegría, poderemos ser motivados polo desexo de reflexarnos en ti.

Thich Nhat Hanh

Querida familia,

Desexamos atoparvos en calma, na alegría dunha nova inhalación; unha nova exhalación.

Cando afondamos na práctica da tradición de Plum Village, centro fundado polo mestre budista zen Thich Nhat Hanh, atopamos que existen moitos niveis de práctica, diferentes profundidades coas que poder abordar a práctica.

Entre as súas ensinanzas, ben sexan libros, pequenos escritos ou charlas do Dharma, atopamos unha linguaxe cercana que acolle dende o cultivo da atención plena nas actividades máis mundanas ata inmersións de maior complexidade nalgúns dos Sutras do Buda máis relevantes para esta tradición.

Cada semana, imos compartindo aquelas pequenas tarefas do día a día que Thay propón para que poidamos desenvolver a plena consciencia, pero tamén queremos aproveitar a oportunidade para compartir aqueles contidos de maior profundidade, para quen puidera estar interesado ou interesada en afondar dende esa outra visión no camiño da práctica da atención plena.

Sen máis, deixamos a proposta desta semana e, a continuación, a transcripción dunha charla do Dharma de Thay sobre o que Buda chamou “As tres portas da liberación”.

Unha gran aperta,

e un fermoso loto.

SEMANA 7

Elexirei un pequeno percorrido da miña mañá (por exemplo da casa ó traballo; ou dentro do traballo, dun lugar a outro; ou o camiño á compra, etc…) e serei consciente do desprazamento do meu corpo no espazo (está relaxado, solto, ríxido, tensionado, flexible, duro…). Que parte do meu corpo está con máis tensión? Descubrirei tensións que por terse convertido en habituais pasan desapercibidas para min.

Soltarei as tensións descubertas, centrando a miña atención nesa parte do meu corpo.

Inhalo, sei que esta tensión está en min.

Exhalo, solto, relaxo a tensión nesta parte do meu corpo.

Intentarei que o meu desprazamento no espazo se asemelle a unha danza cósmica.

Se queres coñecer máis sobre a meditación camiñando podes ler este pequeno artigo:

https://terradepresencia.org/meditacion-caminando/

Lembramos que dispoñedes do seguinte enlace para consultar as prácticas das semanas anteriores:

https://terradepresencia.org/?s=manual+plena+consciencia


Aquí dispodes da transcripción da charla do mestre Thich Nhat Hanh sobre “As tres portas da liberación”. Animamos á súa lectura por tratarse dun texto moi asequible que achega conceptos para moitas persoas descoñecidos, como a vacuidade, a ausencia de signo ou a ausencia de propósito.

Que o desfrutedes.

https://momentopresentemomentomaravilloso.blogspot.com/2021/01/las-tres-puertas-de-la-liberacion.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *