Comunicados

Afondando na práctica (Semana 23)

A mente é un río no que cada formación mental é unha gota de auga.

Thich Nhat Hanh

Querida Sangha,

Gota a gota imos conformando o río interior que nos habita. Experiencia a experiencia, palabra a palabra, acto a acto, pensamento a pensamento… así é como se conforma que sexamos o que somos, aí están nutríndose as sementes das nosas futuras reaccións.

Cada vez que permitimos que se instale en nós unha emoción tormentosa, un pensamento destructivo ou unha relación tóxica, condicionamos as nosas reaccións do futuro, aquilo que seremos mañán.

Os nosos pensamentos, palabras e actos deste instante veñen determinados por un sinfín de sementes que, día a día, se fortaleceron no noso interior, incluido o preciso segundo anterior a este mesmo instante.

A proposta de práctica de Thay para esta semana danos a oportunidade de reconducir ese río, de aportar savia nova, gotas novas ó noso torrente interior que permitan reflexarnos nunha auga clara, limpa e tranquila.

Que gocemos da práctica.
Apertas de corazón.

NOTA: no seguinte enlace podes consultar as semanas de práctica anteriores http://terradepresencia.org/manual-para-a-plena-consciencia/

Se queres recibir as seguintes propostas no teu correo podes suscribirte á lista neste enlace: terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico/

SEMANA 23

Esta semana comprométome a dar a menor enerxía posible ós pensamentos que me producen malestar, manténdoos o menor tempo posible na miña mente. Direilles cada vez que aparezan: «Ola! Outra vez aquí! Xa te coñezo, sorríote e déixote partir, segue o teu camiño». E centrareime en sentir a miña respiración, cambiarei ese pensamento por outro que me dea alegría. (É coma cambiar un c.d. que non nos gusta por outro máis agradable).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *