Comunicados

Afondando na práctica (Semana 22)

Antes de ser capaces de ocuparnos ben das nosas dificultades íntimas, deberiamos ser capaces de evocar en nós un sentimento de felicidade e alegría.

Thich Nhat Hanh

Querida Sangha,

Un bodhisattva é unha persoa que, levada pola compasión, está determinada a vivir de xeito atento, seguindo as ensinanzas do Buda, para beneficio de todos os seres vivos. Cando nos comprometemos a vivir dende a atención plena, para aliviar o noso sufrimento e o dos demáis, estamos entón na determinación de ser uns bodhisattvass.

Nalgunhas ocasións ouvimos ou limos a Thay expresando que un auténtico bodhisattva é aquel que logra xerar alegría e felicidade en calquera circunstancia. Que sentimos o escoitar ou ler isto? Pois esta é a proposta para esta semana.

Ás veces cremos que primeiro debemos resolver este ou aquel problema, e entón despois estaremos alegres e seremos felices. A ensinanza de Thay é rompedora, pois di, primeiro aprende a estar alegre e feliz, logo veremos como solucionamos eses problemas.

Verdadeiramente é marabilloso poder transformar calquera estado, calquera emoción, calquera situación, a través dun pequeno destello de atención plena. Para que esta virtude do bodhisattva nos rescate dun naufraxio nos momento dificiles habemos de comprometernos a fortalecela cada día nos momentos cotiás.

Estamos aquí para vós.
Unha grande aperta.

NOTA: no seguinte enlace podes consultar as semanas de práctica anteriores https://terradepresencia.org/manual-para-a-plena-consciencia/

Se queres recibir as seguintes propostas no teu correo podes suscribirte á lista neste enlace: terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico/

SEMANA 22

Esta semana comprométome a crear polo menos tres veces ó día as condicións necesarias para darme a min mesmo alegría e felicidade.

Na miña mente pensarei a maior parte do día pensamentos que me produzan benestar, alegría (teño uns ollos que me permiten ver as marabillas da vida, uns pés que me permiten desprazarme libremente polo espacio, etc…).

Son moi afortunado: para un cego a súa maior alegría sería poder ver, para un paralítico poder camiñar.

Farei polo menos un acto diario que me produza alegría; chamarei por teléfono a un amigo, verei o atardecer, irei ver á miña nai… irei ver unha boa película, mercarei a planta da alegría, regarei as plantas falando cariñosamente con elas, etc… E á noite anotarei estes actos, e se non fixen nengún acto que me dea alegría, direime cousas fermosas, reais, a min mesmo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *