Estamos a mudar o aspeto do site e adaptando-o a multilingue assim que pode haver coisas bem estranhas! Muito obrigado pela vossa paciência :)

Afondando na práctica (Semana 13)

El Buda nos aconsejó no aceptar ninguna enseñanza como cierta sólo porque un famoso maestro la enseñara o porque se hallara en algún texto sagrado. Sólo podemos aceptar las enseñanzas que hemos puesto en práctica con nuestra comprensión despierta, después de haber comprobado con nuestra propia existencia que era cierta.

Thich Nhat Hanh

Querida irmá, querido irmán,

Cantos son os camiños que nos poden levar a vivir plenamente conscientes de cada intre, e que fermoso é ir percorrendo cada un deles!

Ó longo do día, cantas veces sorrís? Cando sorrís de verdade ti, e calquera que esta preto de ti, pode recoñecelo. Cando o noso sorriso se enche de gratitude e ledicia de vivir, os ollos, e incluso as orellas sorrín con nós.

Cada novo día está cheo de oportunidades para sorrir sen máis motivo que a gratitude de estar viva, vivo. Pois ben, nesta semana estaremos levando a nosa atención ó cultivo desta virtude: sorrir.

Se precisas, no seguinte enlace podes consultar as semanas anteriores de práctica:

https://terradepresencia.org/?s=manual+plena+consciencia

Feliz día,
Unha grande aperta.

SEMANA 13

Tentarei ter moitos momentos de consciencia durante o día, e en cada momento sorrirei a todas as células do meu corpo, enchereinas de amor e gratitude, agradecéndolles o seu armónico e solidario funcionamento.
Inhalo, e son consciente dos millóns de células do meu corpo.
Exhalo, sorríolle a cada unha delas e as encho de amor e gratitud
e.

Para recibir as seguintes propostas no teu correo podes suscribirte aquí:

https://terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico/

Lembramos que está previsto un retiro online chamado “Bienestar en momentos difíciles” para os días 16, 17 e 18 de abril. Está organizado pola comunidade monástica de Plum Village, a Sangha Latinoamericana e os mestres do Dharma de España. Se queres ver toda a información podes ler este enlace: https://terradepresencia.org/retiro-online-bienestar-en-momentos-dificiles/

Gracias!