Prácticas

Meditación camiñando

A práctica da meditación camiñando é unha oportunidade marabillosa de cultivar a atención plena mentres nos movemos.

Na práctica da meditación camiñando, gozamos simplemente de camiñar, lembrando que non camiñamos cara ningún lugar. Camiñamos tranquilamente, tomando conciencia do contacto dos nosos pes co chan e do fluír da respiración; así comezamos harmonizar os nosos pasos coa respiración. Podemos dar dous ou tres pasos mentres inhalamos e logo tres ou catro mentres exhalamos, dependendo da nosa capacidade pulmonar e do ritmo dos nosos pasos.

Non esquecemos exercitar o sorriso, pois cun esbozo de sorriso sosegamos o noso camiñar e a nosa respiración e axudamos a manter desperta a nosa atención.

Cheguei. Estou no fogar.

Aquí, agora.

Cando moro no último,

síntome libre e estable.

Tamén podemos usar este fermoso gatha para practicar a meditación camiñando. Cada vez que inhalamos decimos en silencio “Cheguei” , e cada vez que exhalamos “Fogar”; logo podemos pasar a “Aquí” mentres inhalamos e “Agora” mentres exhalamos, e finalmente “Libre” ó inhalar e “Estable” ó exhalar. Ou ben podemos usar o gatha completo harmonizando cada frase coa nosa respiración.

Na práctica da meditación camiñando tomamos conciencia do milagre de camiñar sobre a Nai Terra, facémonos consciente de que a Terra vive en nós, e nós nela. Cada paso da meditación camiñando permítenos conectar coa nosa Nai, bicala cos nosos pes e, deste xeito, curala de todo o dano que lle facemos.

Como cada día nos desprazamos a algún lugar, calquera lugar é bo para incorporar a meditación camiñando a nosa vida cotiá. Calquera paseo pode converterse nunha meditación camiñando. Por que non camiñar, pois, en dirección á vida, gozando en cada intre e a cada paso da paz? Cada paso condúcenos ó noso fogar no aquí e agora. Este é o noso verdadeiro fogar, porque a vida so é posible neste intre e neste lugar… E xa chegamos.

A mente vai en mil direccións,

camiño en paz, por este fermoso sendeiro.

Unha suave brisa sopra a cada paso,

a cada paso brota unha flor.

Para mais información:

https://tnhspain.com/practicas/meditacion/caminando

Breve vídeo de Thay sobre a meditación camiñando: https://youtu.be/zRRTf0FYlsg

Vídeo do irmán Duc Tri explicando como facer a meditación camiñando: https://vimeo.com/537748484/96f9dccd5b

Tamén podes consultar os seguintes libros:

Felicidad (de Thich Nhat Hanh)

Cómo andar (de Thich Nhat Hanh)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *