Estamos a mudar o aspeto do site e adaptando-o a multilingue assim que pode haver coisas bem estranhas! Muito obrigado pela vossa paciência :)

Afondando na práctica (Semana 6)

Querida Sangha,

É unha ledicia estar aquí compartindo, acompañando a vosa práctica e sentíndonos tan acompañados neste camiño. E ese é un dos tesouros que agocha a Sangha, sentir que non camiñamos sós, que hai outros camiñando ó noso carón, nunha mesma dirección, cunha mesma estrela no horizonte. A Sangha tamén é o alento para saír de nós e darnos ó mundo, a práctica dunha profunda xenerosidade.

Neste día compartimos con vós a proposta desta semana 6, do Manual para a plena consciencia de Thich Nhat Hnah, e un pequeno vídeo dunha sesión de preguntas e respostas con Thay. Nel, poderedes atopar resposta a unha pregunta recurrente naquelas persoas que comezan un camiño espiritual e que sinten que o seu entorno (parella, familia…) non os acompaña. Dun xeito cercano e sinxelo, e á vez moi profundo, podemos observar que ó final, o importante da práctica é practicar. E nesa dilixencia, na constancia, transformamos o mundo que nos rodea.

Apertas de corazón,
e un fermoso loto para todos e todas.
Feliz día.

PD. Lembramos que dispoñedes do seguinte enlace para consultar as prácticas das semanas anteriores:

https://terradepresencia.org/?s=manual+plena+consciencia

SEMANA 6

Entrarei en contacto cos alimentos do meu almorzo, sentindo o seu cheiro, sabor, cores, e mastigándoos coas dúas partes da miña boca até que se transformen en líquido, ofrecéndolle este agasallo ó meu estómago para que non teña que traballar tan duramente (segregando unha gran cantidade de ácidos para desfacer e dixerir anacos enteiros de materia).


Lembrarvos tamén que está convocada para este domingo a Sangha Online española ás 11h no seguinte enlace de Facebook https://www.facebook.com/tnhspain/


¿Cómo practicar cuando tu pareja no tiene interés en ello?

Para recibir estes avisos no correo electrónico podes suscribirte á lista de correo no seguinte enlace: https://terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico