Querida irmá, querido irmán,
Como está a túa práctica? Como están transcurrindo os días?
A proposta da semana anterior resultou todo un reto para nós, canto máis con mascarilla! E ainda así descobremos que sorrir é posible, e tamén o é atoparse co sorriso dos demáis.
Seguimos afondando na práctica coa seguinte proposta de Thay do Manual para a plena consciencia. Aquí podes consultar as propostas das semanas anteriores:
http://terradepresencia.org/?s=manual+plena+consciencia
Un fermoso loto,
e alegrías nesta fin de semana.
SEMANA 3
Irei ó cuarto de baño e con cada paso ó pór o pé esquerdo sobre a terra direi «Paz»; ó pór o pé dereito direi «Amor», entregando á terra o meu desexo profundo de paz e amor para o planeta.