Comunicados

Afondando na práctica (Semana 21)

Temos que amarnos a nós mesmos antes de poder amar verdadeiramente ós outros.

Thich Nhat Hanh

Querida familia,

Pasamos o día rumiando pensamentos. A nosa mente está constantemente chea de contido: preocupacións, ideas, lembranzas, traumas, medos, tarefas, proxectos, fantasías, desexos… E, pouco a pouco, as nosas sementes interiores vanse regando e nutrindo de todo ese “alimento mental” que lles agasallamos cada día.

Esta é a proposta para esta semana: tomar consciencia do que abonda na nosa mente e detectar qué sensación nos produce.

Que gocemos a práctica.
Apertas.

NOTA: no seguinte enlace podes consultar as semanas de práctica anteriores https://terradepresencia.org/manual-para-a-plena-consciencia/

Se queres recibir as seguintes propostas no teu correo podes suscribirte á lista neste enlace: terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico/

SEMANA 21

Tomarei consciencia e anotarei diariamente, identificarei e recoñecerei aqueles pensamentos que ocupan a meirande parte do tempo na miña mente, e simplemente ó seu carón escribirei: prodúceme benestar, prodúceme malestar…

Que alimento me dou eu a min mesmo a través da miña mente? Constrúome, destrúomeo, acéptome, cúlpome, xúlgome, doume alegría, tristeza, compréndome e ámome, desprézome e ódiome… Proporciónome paz, ansiedade, felicidade, sufrimento…?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *