Estamos a mudar o aspeto do site e adaptando-o a multilingue assim que pode haver coisas bem estranhas! Muito obrigado pela vossa paciência :)

Afondando na práctica (Semana 20)

Non é tan importante o número de días que nos quedan para vivir. O que importa é como os vivimos.

Thich Nhat Hanh

Querida familia,

Quizáis demasiadas veces o noso benestar e malestar condiciónase según o que nos din os demáis. Cantas veces sentimos tristeza, frustración, ira ou culpa polo que alguén nos di, canto máis se é alguén a quen estimamos!

Do mesmo xeito, cando alguén di cousas fermosas sobre nós, sobre os nosos actos, sobre as nosas palabras… tamén rápidamente nos deixamos levar á alegría, esperanza, tranquilidade… Navegando coma un bote á deriva según se dan as circunstancias.

De onde nacen realmente esas identificacións que facemos co que nos rodea? Ata onde os nosos estados, a calidade dos nosos pensamentos e emocións, están determinados por condicións externas?

Este é o reto desta semana.

A seguir afondando na práctica!
Apertas queridos irmáns e irmás.

NOTA: no seguinte enlace podes consultar as semanas de práctica anteriores http://terradepresencia.org/manual-para-a-plena-consciencia/

Se queres recibir as seguintes propostas no teu correo podes suscribirte á lista neste enlace: terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico/

SEMANA 20

Serei consciente da miña identificación con todo o exterior a min e como deixo en mans dos demais a miña propia felicidade ou sufrimiento.

Por exemplo: érgome, fai sol e póñome contento; chove e póñome triste…

Como me afecta o que creo que pensan os demais de min, se me aceptan, non me aceptan, me queren o non… Por exemplo, se alguén no traballo, o meu xefe, o meu compañeiro, está enfadado e contéstame mal, creo que é pola miña culpa e sufro, e quizáis so tivo unha mala noite. Ou polo contrario, cando alguén me eloxia e di cousas belas de min, síntome feliz.

Anotarei diariamente as miñas identificacións co exterior a min e o que esas identificacións producen en min ó deixarme levar coma unha folla que arrastra o vento.