Querida irmá, querido irmán,
Cantos son os camiños que nos poden levar a vivir plenamente conscientes de cada intre, e que fermoso é ir percorrendo cada un deles!
Ó longo do día, cantas veces sorrís? Cando sorrís de verdade ti, e calquera que esta preto de ti, pode recoñecelo. Cando o noso sorriso se enche de gratitude e ledicia de vivir, os ollos, e incluso as orellas sorrín con nós.
Cada novo día está cheo de oportunidades para sorrir sen máis motivo que a gratitude de estar viva, vivo. Pois ben, nesta semana estaremos levando a nosa atención ó cultivo desta virtude: sorrir.
Se precisas, no seguinte enlace podes consultar as semanas anteriores de práctica:
http://terradepresencia.org/?s=manual+plena+consciencia
Feliz día,
Unha grande aperta.
SEMANA 13
Tentarei ter moitos momentos de consciencia durante o día, e en cada momento sorrirei a todas as células do meu corpo, enchereinas de amor e gratitude, agradecéndolles o seu armónico e solidario funcionamento.
Inhalo, e son consciente dos millóns de células do meu corpo.
Exhalo, sorríolle a cada unha delas e as encho de amor e gratitude.
Para recibir as seguintes propostas no teu correo podes suscribirte aquí:
http://terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico/
Lembramos que está previsto un retiro online chamado “Bienestar en momentos difíciles” para os días 16, 17 e 18 de abril. Está organizado pola comunidade monástica de Plum Village, a Sangha Latinoamericana e os mestres do Dharma de España. Se queres ver toda a información podes ler este enlace: http://terradepresencia.org/retiro-online-bienestar-en-momentos-dificiles/
Gracias!