Prácticas

Cinco Contemplacións

Comer é unha práctica meditativa e convén aportar a cada comida toda a nosa presencia, recoñecendo as moitas circunstancias que contribúen á creación do alimento e, a súa vez, da nosa existencia. É moita a felicidade que pode proporcionarnos contemplar o alimento antes de comer e comelo logo atentamente.

Sentarnos a gozar do precioso alimento é unha oportunidade que non todos poden ter, así pois, dámonos conta do afortunados que somos e sentimos compaixón por quen non ten nada para comer.

Na práctica da comida atenta, invitamos á campá a soar tres veces antes de comer e recitamos as cinco contemplacións, que son un recordatorio de onde ven o alimento e o seu obxectivo.

  1. Este alimento é un agasallo de todo o universo, da terra, do ceo e do amoroso esforzo de moitos seres vivos.
  2. Que poidamos comer con atención e gratitude e ser merecentes de recibir este alimento.
  3. Que poidamos recoñecer e transformar as nosas formacións mentais insáns, en especial a avidez.
  4. Que poidamos manter viva a nosa compaixón, comendo dun xeito que reduza o sufrimento dos seres vivos, contribúa a conservar o noso planeta e inverta o proceso do quecemento global.
  5. Aceptamos este alimento para crear a nosa Comunidade, fortalecer a nosa fraternidade e levar á práctica o ideal de servir a tódolos seres vivos.

Logo, comemos en silencio durante os primeiros vinte minutos, así somos plenamente conscientes do alimento que nos nutre. Concluído o tempo soa a campá dúas veces que nos invita a compartir unha conversa atenta con algún familiar ou amigo.

Para máis información podes consultar os seguintes libros:

Felicidad (de Thich Nhat Hanh)

Cómo comer (de Thich Nhat Hanh)

Tamén podes ler este artigo da Comunidade Budista do Interser:

https://tnhspain.com/practicas/meditacion/comiendo

Aquí dispodes dun vídemo do irmán Duc Tri sobre comer en plena conciencia:

https://vimeo.com/537753813/892243a8b5

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *