A atención plena é unha enerxía que xeramos cando pomos a nosa mente en contacto co que está ocorrendo no momento presente, dentro de nós e arredor nosa.
Esta enerxía axúdanos a tocar a vida profundamente ó longo do día: cando cepillamos os dentes, lavamos os pratos, camiñamos ó traballo, comemos ou conducimos o coche. Podemos estar atentos mentres estamos de pé, camiñando ou deitados. É unha arte encontrar formas creativas de xerar a enerxía da atención plena, a paz e a felicidade na vida cotiá.
Cando falamos de atención plena sempre é atención plena sobre algo. Na nosa tradición, a práctica da atención plena comenza coa atención á respiración. Cando inhalamos, simplemente nos damos conta de que estamos inhalando e, cando exhalamos, nos damos conta de que estamos exhalando. Pode ser moi relaxante e agradable seguir o fluxo da nosa respiración de xeito natural, dentro e fora do noso corpo. Podemos elixir seguir a nosa respiración no noso ventre ou nas nosas fosas nasais. A medida que o aire entra no noso corpo, podemos sentilo refrescando cada célula, e a medida que o aire sae do noso corpo, podemos relaxar suavemente calquera tensión que atopemos.
No Sutra da Plena Consciencia da Respiración o Buda ensina o seguinte método de 16 respiracións:
1. Inhalando, son consciente da miña inhalación.
Exhalando, son consciente da miña exhalación.
2. Inhalando profundamente, son consciente de que inhalo profundamente.
Exhalando lentamente, son consciente de que exhalo lentamente.
3. Inhalando, son consciente do meu corpo.
Exhalando, son consciente do meu corpo.
4. Inhalando, calmo o meu corpo.
Exhalando, relaxo o meu corpo.
5. Inhalando, síntome alegre.
Exhalando, síntome alegre.
6. Inhalando, síntome feliz.
Exhalando, síntome feliz.
7. Inhalando, son consciente das miñas formacións mentais.
Exhalando, son consciente das miñas formacións mentais.
8. Inhalando, calmo as miñas formacións mentais.
Exhalando, sereno as miñas formacións mentais.
9. Inhalando, son consciente da miña mente.
Exhalando, son consciente da miña mente.
10. Inhalando, fago feliz a miña mente.
Exhalando, fago feliz a miña mente.
11. Inhalando, concentro a miña mente.
Exhalando, concentro a miña mente.
12. Inhalando, libero a miña mente.
Exhalando, libero a miña mente.
13. Inhalando, contemplo a impermanencia de todos os dharmas.
Exhalando, contemplo a impermanencia de todos os dharmas.
14. Inhalando, contemplo a desaparición do apego.
Exhalando, contemplo a desaparición do apego.
15. Inhalando, contemplo o non-nacemento e a non-morte de todos os fenómenos.
Exhalando, contemplo o non-nacemento e a non-morte de todos os fenómenos.
16. Inhalando, contemplo o soltar.
Exhalando, contemplo o soltar.
Seguir a nosa inhalación e exhalación devólvenos ó momento presente. A nosa respiración é un terreo sólido e estable no que sempre podemos refuxiarnos. Sempre que nos deixemos levar pola culpa de algo ocorrido no pasado, ou polos nosos medos e ansiedades polo futuro, podemos volver á nosa respiración e restablecernos no momento presente. Non precisamos controlar a respiración de ningún xeito. Sinxelamente a contemplamos, tal como é.
Cando somos consciente da nosa respiración, xa despertamos. Para poder sermos plenamente conscientes, durante moito tempo, debemos observar continuamente a nosa respiración.
Canto dos 16 Exercicios da Respiración Consciente (en inglés): https://www.youtube.com/watch?v=rsQiisUbhHI
Para máis información:
Explicación da CBI sobre a práctica da respiración consciente
Sutra da Plena Consciencia da Respiración
Tamén dispós dos seguintes libros:
El florecer del loto (de Thich Nhat Hanh)
El milagro de mindfulness (de Thich Nhat Hanh)
Felicidad (de Thich Nhat Hanh)