O próximo sábado 13 de novembro temos unha nova edición dos encontros de “Compartindo coa Sangha”. Este encontro é unha ocasión para gozar dun día de descanso, alegría e fraternidade. Neste mes contaremos co talento (e o cariño) de Donatienne Theytaz, quen nos acompañará nunha actividade de arteterapia accesible para todas as persoas de todas as idades.
A actividade deste mes levarase a cabo entre a cabaña e a antiga escola de Vilas (Gondomar), co seguinte programa:
PRIMEIRA PARTE (Opcional)
13:00h Acollida (na cabaña)
13:30h Meditación camiñando (dende a cabaña ata a antiga escola)
14:00h Xantar compartido
Tempo de Lecer ata as 15:45h
SEGUNDA PARTE
15:45h Pequena meditación
16:00h Arteterapia, con Donatienne Theytaz
17:15h Compartir de experiencias
18:15h Meditación camiñando (dende a antiga escola ata a cabaña)
As persoas que queiran poden unirse dende o mediodía e compartir a comida coa sangha, ou senón incorporarse na xornada da tarde, na cal faremos a actividade de arteterapia na escola. Esta actividade é gratuita, ainda que haberá unha caixa de Dana para quen queira facer aportacións voluntarias.
Posto que nesta ocasión a comida será na antiga escola, pregamos que cada un leve todo o que precise para o xantar (alimentos, utensilios, etc).
Lembrarvos, por último, que para acudir a esta actividade é preciso reservar previamente por teléfono (677 718 791) ou correo electrónico (sangha@terradepresencia.org).
Graciñas!
Podes coñecer máis sobre a labor de Donatienne Theytaz no seguinte enlace: