Estamos a mudar o aspeto do site e adaptando-o a multilingue assim que pode haver coisas bem estranhas! Muito obrigado pela vossa paciência :)

Afondando na práctica (Semana 8)

Estar en paz non é o mesmo que estar anestesiado. Unha mente en paz non significa unha mente vacía de pensamentos, sensacións e emocións. Unha mente en paz non é unha mente ausente.

Thich Nhat Hanh

Querida Sangha,

Confiamos atoparvos en paz.

Atender á respiración é atender ó corpo; e estar no corpo é calmar a mente. Cunha mente serea a nosa capacidade de respostar (ante o que ocorre, o que nos din, o que pensamos…) tórnase máis amable; reaccionamos menos.

Na proposta da semana pasada comezabamos a tomar consciencia das pequenas tensións que nos habitan e que, sen ser de todo conscientes, condicionan a nosa saúde física e mental. Na práctica desta semana, afondamos nesa conexión co noso corpo, no autocoñecemento, atopando unha oportunidade para coidarnos e relaxarnos.

Que gocedes deste novo afondar!

Estamos aquí para vós.
Un fermoso loto.

PD. Lembrámosvos que o próximo mércores temos sangha online. O martes compartiremos no correo o enlace para acceder.

SEMANA 8

Porei a miña atención no meu xeito de estar de pé: o meu corpo está relaxado? o peso do meu corpo está repartido entre os dous pés e sobre toda a superficie plantar por igual? a mi´ña columna está recta? os meus ombreiros abertos? a miña cabeza é a continuación da miña columna? está o meu corpo verdadeiramente en equilibrio e relaxado cada vez que estou parado sobre os meus dous pés?

O equilibrio e a relaxación do meu corpo levaranme ó equilibrio e á paz da miña mente.

Os meus pés en contacto equilibrado coa terra, a miña cabeza coa miña mente serea en contacto co ceo.

Para consultar as propostas das semanas anteriores podes ver o seguinte enlace:

http://terradepresencia.org/?s=manual+plena+consciencia