Querida amiga, querido amigo,
Como está o teu “aroma do zen”? No budismo zen, o mestre pode percibir a calidade da atención plena dos monxes ós que instrúe, e isto o describe como “o aroma do zen” que está acadando un practicante.
Pois ben, para seguir mellorando o noso aroma, compartimos unha semana máis a quinta práctica do manual para a plena consciencia de Thay.
Lembra que dispós das prácticas das semanas anteriores no seguinte enlace:
http://terradepresencia.org/?s=manual+plena+consciencia
Feliz fin de semana.
Un fermoso loto,
futuro Buda.
SEMANA 5
Sentirei a auga en contacto co meu corpo. Ó ducharme sentirei a auga fluindo cara abaixo do meu corpo e permitireime soltar as preocupacións da miña mente e as tensións do meu corpo entregándoas ó fluir da auga.
Para recibir estes avisos no correo electrónico podes suscribirte á lista de correo no seguinte enlace: http://terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico