Querida Sangha,
Na semana anterior tiñamos unha invitación a observarnos durante estes días para facernos máis conscientes do mundo que creamos co noso pensamento, coa nosa fala e coas nosas accións. Que poderosa esta práctica, que importante recoñecer o mundo que estamos creando a cada intre e aceptar non so a nosa capacidade creadora senon tamén transformadora.
“Que creo coas miñas palabras?”. Invitación ó autocoñecemento.
Esperamos estedes felices e en calma, gozando de cada paso neste fermoso camiño. Ledicia de camiñar.
Agarimos irmáns e irmás.
NOTA: Este é o enlace para consultar as semanas de práctica anteriores http://terradepresencia.org/?s=manual+plena+consciencia
Se queres recibir as seguintes propostas no teu correo podes suscribirte á lista neste enlace: terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico/
SEMANA 15
A palabra é un pensamento oculto manifestado.A palabra correcta procúrache benestar a ti e ós outros, no corpo e na mente. Ten o poder de curar, de sanar.
Esta semana traballaremos coas palabras. Que creo coas miñas palabras? Paz, amor, harmonía, benestar… ou ben desarmonía, medo, odio, malestar. Son útiles as miñas palabras? Saen do corazón? Ou soamente supoñen un bla, bla, bla…, un desgaste automático de enerxía. Como é o meu ton, agradable ou parezo un can furioso?
Cada noite anotarei o que creei coa maior parte das miñas palabras.