Querida Sangha,
De que nos nutrimos? Que é o que aportamos ó noso corpo con cada alimento que inxerimos? Seguimos un xeito de nutrirnos que reduce verdadeiramente o noso sufrimento e o de outros seres?
Se lembrades, na semana 6 introduciamos na nosa práctica diaria o “desaiuno-almorzo consciente”, abrazando así a posibilidade de comer en calma, dando un respiro ás preocupacións e tensións que almaceamos na nosa mente e corpo.
Pois ben, esta semana retomamos a cuestión da alimentación, extendendo a nosa atención a todas as veces que comemos, nesta ocasión cunha proposta ben completa, que non complexa.
Agardamos estedes desfrutando da vosa inmersión na práctica da atención plena e que atopedes alegrías en cada novo paso!
Deixamos aquí o enlace para consultar as semanas anteriores de práctica:
http://terradepresencia.org/?s=manual+plena+consciencia
Fermoso día,
Apertas de corazón.
NOTA: Se queres recibir estas propostas e outros contidos no teu correo podes suscribirte aquí:
http://terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico/
SEMANA 12
Serei consciente de que os alimentos que inxiro forman o meu propio corpo: o meu sangue, os meus tecidos, os meus órganos, a miña pel.
Farei consciencia da súa calidade: Levan moita química? son transxénicos? destrúen o meu sistema inmunolóxico e como consecuencia debilítanme e expóñenme ás enfermidades? ou son ecolóxicos, frescos e levan neles a enerxía directa do sol e fortalécenme, aportándome saúde? Quizáis, o que creo que aforro nunha alimentación de baixa calidade sexa unha ilusión e máis tarde teña que gastar moito máis en medicinas.
Vou aprender a amarme a min mesmo ofrecéndome unha alimentación de calidade e saudable, e vou aprender a amar ós demáis seres tratando de reducir o sufrimiento de outros seres coa miña alimentación.
A práctica consiste en facer tres respiracións profundas para relaxar o noso estómago antes de comer calquera alimento. Con iso aportareille un extra de osíxeno tanto para facilitar a combustión da dixestión, como para cortar a enerxía das miñas preocupacións, relaxando así a miña mente e evitando “comer” as preocupacións xunto cos alimentos que inxiro. Serei consciente da súa cor, sabor, cheiro, forma. Mastigarei ata convertelos en líquido, soltarei a culler, garfo, de vez en cando sobre a mesa para practicar o non aferramento ás cousas. Gozarei deste marabilloso agasallo do universo sen présa, sen automatismo.
Inhalo, levo un extra de osíxeno ó meu corpo.
Exhalo, sorrío, relaxo o meu estómago, o meu corpo, a miña mente.