Queridos irmáns e irmás,
Compartimos con moita alegría que o próximo día 10 de decembro, sábado, estaremos celebrando o noso Xantar de Nadal, como en anos anteriores. Este encontro está especialmente pensado para compartir a fraternidade e poder desfrutar do entorno da sangha xunto cos nosos familiares e amigos/as.
Nesta ocasión será na antiga escola de Chandebrito, en Nigrán, e a hora de encontro será ás 13h. Compartiremos a comida, a presenza e un roteiro pola zona, todo elo coa envoltura da nosa práctica da atención plena.
Deixamos os seguintes avisos para porder organizarnos o mellor posíbel:
- a actividade, como sempre, é de balde e aberta a todas as persoas, de calquera idade, sexan ou non membros da sangha
- é preciso avisar previamente por teléfono para reservar (677 718 791)
- cadaquén aportará algo para a comida, vexetariano ou vegano, (que logo compartiremos) xunto con todo o que necesite para xantar: prato, vaso, cubertos…
- tamén é preciso levar estera, coxín, mantiña… para xantar xuntos/as no chan
Con alegría de vernos pronto,
Grazas e apertas!