Estamos a mudar o aspeto do site e adaptando-o a multilingue assim que pode haver coisas bem estranhas! Muito obrigado pela vossa paciência :)

Unha nube nunca morre. Comunicado sobre Thay

Querida e nobre Sangha,

Compartimos que no día de onte o noso amado mestre Thay faleceu en Vietnam, ós 95 anos, acompañado da comunidade.

Sentimos profunda gratitude polo legado recibido, por ternos transmitido a través da súa vida e obra un camiño polo que transitar á vida, un refuxio para nós e para millóns de seres que foron tocados polas súas ensinanzas.

Nós somos a súa continuación. En cada respiración consciente, en cada paso consciente, Thay continúa manifestándose a través de nós. Unha nube nunca morre.

Hoxe, e ó longo da semana faranse varias ceremonias dende Tu Hieu (Vietnam), Plum Village (Francia) e Deer Park (California). Podedes consultar as horas neste enlace: https://plumvillage.org/memorial/

Dende a comunidade monástica pídesenos a todos e todas as practicantes laicas ofrecer a Thay a nosa enerxía de paz, compaixón e plena consciencia. Esa é a nosa ofrenda.

O próximo sábado, dende as 9 da mañá, estaremos celebrando en Vilas un día especial de atención plena no que lembrar e honrar ó noso mestre. Agradecidos de poder vivir este momento en comunidade.

Gracias pola vosa práctica amorosa.

Un fermoso loto.

Vietnamese Zen Buddhist teacher and author more than 100 books, Thich Nhat Hanh celebrates 94th birthday. (Contributed–Don Farber)