Estamos a mudar o aspeto do site e adaptando-o a multilingue assim que pode haver coisas bem estranhas! Muito obrigado pela vossa paciência :)

II Festival da Continuidade

Queridos irmáns e irmás,

A sangha continúa, e iso hai que celebralo! Por isto convidámosvos un ano máis á segunda edición do Festival da Continuidade.

Será o sábado 25 de xuño en Vilas (Gondomar) aberto a todas as persoas afíns á sangha, de calquera idade, sexan practicantes ou non, polo que podedes aproveitar para vir cos vosos fillos/as, parella… Neste día estaremos compartindo xuntos e xuntas a alegría de vivir, fortalecendo a nosa fraternidade, gozando do noso fermoso espazo de práctica e das bondades da Nai Terra.

Como o resto de actividades da sangha, o encontro é de balde, no entanto estará dispoñible a caixa da Dana para quen queira apoiar de xeito económico a sangha.

Co fin de organizar o día o mellor posible, é preciso reservar antes, ben por teléfono (677 718 791) ou por correo electrónico (sangha@terradepresencia.org).

O horario para este día será o seguinte:

-> ás 12h Troco de Dons: convidamos a que traiades aquelas cousas que xa non usedes ou precisedes para ofrecelas a quen poida necesitalas (roupa, libros, louza, xogos…). A idea non é en si un troco, senon ofrecer simplemente o que non usemos e tomar de outros o que precisemos (cada un levará de volta ó seu fogar os dons aportados que non foran de interese :D)

-> ás 14h Xantar Compartido: cada un aportará algo para a comida que despois compartiremos entre todos e todas. Invitámosvos a traer so alimentos vexetarianos ou veganos

-> ás 16h Cerimonia do Té: teremos un ratiño para tomar unha infusión e gozar de cantos, bailes, poemas… a beleza que cada un/unha queira aportar!

-> ás 17h Paseo Meditativo: sairemos ó bosque a pasear e gozar da natureza, tendo de regreso un ratiño para compartir informalmente sobre o día

Esperámosvos con alegría!

Apertas.