Estes encontros lévanse a cabo o último sábado do mes en Vilas-Morgadáns (Gondomar), sempre que as restriccións do momento o permitan, co seguinte horario:
9:00 Acollida
9:25 Canto da Mañá
9:30 Meditación Sentada guiada
10:00 Ofrenda de incenso
Tocar a Terra (Cinco Prostracións / Tres Prostracións)
10:10 Gatha de apertura
Recitación dos Cinco Adestramentos / Lectura de Cantos do Corazón
Ofrenda de méritos
10:30 Meditación camiñando (Paseo meditativo)
11:00 Almorzo
11:30 Meditación do Servizo
13:30 Tempo de Lecer
14:00 Recitación das Cinco Contemplacións
Xantar (primeiros 20 min. en silencio)
Tempo de Lecer / Relaxación Profunda
16:00 Meditación camiñando (Paseo contemplativo)
17:00 Canto da Tarde
17:30 Lectura Meditativa
18:00 Compartir do Dharma
19:00 Meditación do Abrazo
Canto e Despedida
19:15 Tempo de Lecer (Infusión)
As actividades en cursiva desenvólvense en silencio
Para a comodidade de todos, nestes encontros os grupos son reducidos: so temos capacidade para 6 persoas. Por este motivo animámoste a confirmar a asistencia antes de acudir para asegurar que haxa sitio para todos, antes do venres previo a celebración.
Debido á meditación do servizo, recomendamos acudir con roupa cómoda e que se poida manchar, así como calzado cómodo para o paseo, sombreiro para o sol, chuvasqueiro para a choiva… ou calquera outra cousa que consideres para a túa comodidade.
Na actualidade dispomos de material de meditación para todos anque se o desexas podes levar o teu propio coxín, banco ou cadeira para meditar. Tamén delegamos en cada un que acuda con todo o necesario para sentirse a gusto e confortable así como a responsabilidade de comentar as súas necesidades.
Durante o encontro ofrecemos almorzo e xantar para todos. Podes nese día (ou calquera outro momento) facer unha doación á sangha para sufragar este custo mediante cartos, tempo de voluntariado ou materiais.
A dirección é A Portela, Vilas – Morgadáns (Gondomar). Podes escibirnos se prefires que compartamos contigo a localización no wassap.