No libro True Virtue (Verdadeira Virtude), hai un capítulo no que a irmá Annabel (Sister Chan Duc) conta como foi a primeira vez que organizou un tour para Thay, no Reino Unido. Di que antes de comezar un dos retiros, Thay pediu reunirse con ela para que revisaran xuntos o programa e que ela lle dera a súa opinión. Isto sorprendeu a irmá Annabel pois ela non consideraba ter ningún criterio para opinar sobre esas cuestións, por outra banda percatouse desa cualidade de gran humildade e apertura de Thay.
Ó longo da xira, as cousas non saíron de todo como se esperaban, pois a irmá Annabel non tiña ningunha experiencia en organizar tours, retiros, charlas… nin sabía das necesidades de Thay. Aínda así di que en ningún momento se queixou nin expresou ningunha crítica ó respeto, salvo cando alguén intentou incluir máis cousas das que estaban previstas no programa. Foi entón cando Thay, en resposta, dixo a seguinte frase:
“If you crack the bell, it will not sound anymore”
(Se rompes a campá, non soará nunca máis)
Este foi o xeito no que Thay mostrou que non era un súper héroe, que precisaba respetar o seu ritmo para non enfermar e seguir ofrecendo o que tanto deu (e da).
Coñecer esta anécdota tocoume enormemente, tanto que escribín esa frase nun papel, coma se dun gatha se tratase. Agora a teño escrita enrriba do ordenador, para que? para lembrar a miña fraxilidade, as miñas necesidades… e para lembrar verdadeiramente que importante é parar.
Cando estou traballando, especialmente no ordenador, cústame parar. A pesares de ter a campá soando cada media hora, unha parte de min negocia (para facer as pausas máis breves, para facer as pausas menos atentas…) coa ilusión de que, facer o contrario, sería perder o tempo. Por sorte, estes anos na práctica demóstranme que cada respiración, cada pausa, é tempo gañado, e ter diante este gatha lémbralle á miña mente que debo sobrepasar a forza do hábito e continuar regando unha vez máis, con fe, a semente da atención plena.
Cada nova respiración, cada nova pausa, son unha oportunidade de reparar esta campá que tantas veces estivo preto de romper.
Compasión Radiante del Corazón