Querido irmanciño, irmanciña:

Se queres vir practicar coa Sangha, este é un espazo aberto a todas as persoas de todas as tipoloxías (podes ler aquí máis sobre o espírito da Sangha).

Dada a situación actual tan cambiante, non sempre podemos reunirnos presencialmente, por isto, se tes dúbidas por favor contacta con nós e che comentaremos cales son as condicións actuais dese momento. Tamén podes suscribirte no correo electrónico para recibir todas as novidades.

Polo xeral, en condicións de certa normalidade, reunímonos así:

O primeiro venres de mes, Sangha Online, de 19:00 a 21:00h

O resto de venres, Sangha Presencial, de 19:00 a 21:00 en Vilas, Gondomar

O segundo e o último sábado de mes, Día de Atención Plena, de 9:00 a 19:00, en Vilas (Gondomar)

Pulsando en cada opción podes coñecer máis información sobre cada modalidade.

Esperámoste!

Apertas e un fermoso loto.