Querida Sangha,
Nas semanas que levamos practicando co Manual para a plena consciencia de Thay, atopamos que as propostas son fundamentalmente prácticas, levándonos ó asentamento da atención mediante a acción.
Nesta semana, comezamos con propostas máis baseadas na observación, no autocoñecemento. Comecemos a descubrir o mundo (a realidade) que estamos creando coa nesa mente, a través dos nosos pensamentos, palabras e accións.
Naveguemos cara a Visión Profunda. Teñamos feliz inmersión!
Un fermoso loto.
NOTA: dispoñemos do seguinte enlace para consultar as semanas de práctica anteriores http://terradepresencia.org/?s=manual+plena+consciencia
Se queres recibir as seguintes propostas no teu correo podes suscribirte á lista neste enlace: terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico/
SEMANA 14
Todo o que o universo nos proporciona para vivir: aire, alimentos sólidos e líquidos, impresións sensoriais… son transformados no meu cuerpo e devoltos por min ó universo en forma de diferentes manifestacións: materia de desfeita sólida e líquida por unha parte e unha triple acción en forma de pensamentos, palabras e actos por outra. Estas tres últimas manifestacións están suxeitas á lei do karma; a lei de causa e efecto. Á primeira persoa á que afectan e sobre a cal actúan de xeito inmediato é á persoa que as orixinou, que as creou. A ela pertencen e levan a súa marca. Ti creas a túa propia atmósfera.
Da mente procede todo o que se pode coñecer. A mente é a raíz de todos os fenómenos. Debemos coidar a nosa mente coma se fora o rei. Se actuamos coa mente corrompida o sufrimento é o resultado, así como a roda do carro segue o pezuño do boi. Se a nosa mente está clara a felicidade é o resultado, tanto é así como que a nosa sombra síguenos onde queira que vaiamos.
Un pensamento correto pode cambiar o mundo, unha palabra é un pensamento oculto manifestado, unha acción. Son forzas, son enerxías, o mundo sae de aquí.