Estamos a mudar o aspeto do site e adaptando-o a multilingue assim que pode haver coisas bem estranhas! Muito obrigado pela vossa paciência :)

Afondando na práctica (Semana 10)

No lo sabemos todo, pero podemos minimizar nuestra ignorancia. Confucio dijo: “Saber que no sabes es ya empezar a saber”. Creo que ésta es la forma de practicar.

Thich Nhat Hanh

Querida irmá, querido irmán,

Cantas cousas facemos ó longo do día de xeito automático. Cantas das nosas tarefas diarias son un medio para lograr outra cousa, perdendo por completo o sentido de estar vivo, neste momento presente.

Conducir, camiñar pola cidade… polo xeral é algo que facemos para conseguir estar noutro lugar, para chegar a un sitio distinto. Nesa procura, ás veces unha carreira, arriscámonos a perder o milagre de sabermos vivos, vivas.

Na proposta deste semana do Manual para a plena consciencia de Thay, veremos unha nova ferramente para afianzar a nosa capacidade de atención.

Lembra que podes consultar as propostas das semanas anteriores no seguinte enlace:
http://terradepresencia.org/?s=manual+plena+consciencia

Se queres recibir no teu correos as seguintes propostas podes suscribirte aquí: http://terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico/

Esperando atoparte en paz,
Unha grande aperta,
e un fermoso loto.

SEMANA 10

Todos os semáforos en vermello e os pasos de peóns serán as miñas campás de atención. Farei tres respiracións profundas e conscientes.

Inhalo, sinto a totalidade do meu corpo, incluso o xesto da miña cara.

Exhalo, sorrío, relaxo, solto todo o meu corpo.

Inhalo, sinto as miñas emocións.

Exhalo, sorrío e relaxo as miñas emocións.

Inhalo, sinto a miña mente.

Exhalo, sorrío e relaxo a miña mente.

Con isto instálome no “momento presente, momento marabilloso”. (Estou vivo e camiño pola terra, que gran oportunidade!).