Estes encontros lévanse a cabo o segundo e o último sábado do mes en Vilas-Morgadáns (Gondomar), sempre que as restriccións do momento o permitan, co seguinte horario:

9:00 Apertura e Presentación

9:25 Canto da Mañá

9:30 Meditación Sentada guiada

10:00 Recitación dos Cinco Adestramentos

10:30 Meditación camiñando (Paseo meditativo)

11:00 Toques á Terra (Cinco Prostracións)

11:15 Meditación do Servizo e Almorzo

13:30 Tempo de Lecer

14:00 Recitación das Cinco Contemplacións

Xantar (Pasados 20 min. finaliza o silencio)

Tempo de Lecer / Relaxación Profunda

16:00 Meditación camiñando (Paseo contemplativo)

17:00 Canto da Tarde

Meditación sentada

17:40 Lectura Meditativa

Entrega da práctica mensual da Atención Plena

18:00 Compartir do Dharma

19:00 Meditación do Abrazo

Canto e Despedida

19:15 Tempo de Lecer (Infusión)

As actividades en cursiva desenvólvense en silencio

Para a comodidade de todos, nestes encontros os grupos son reducidos: so temos capacidade para 6 persoas. Por este motivo animámoste a confirmar a asistencia antes de acudir para asegurar que haxa sitio para todos, antes do venres previo a celebración.

Debido á meditación do servizo, recomendamos acudir con roupa cómoda e que se poida manchar, así como calzado cómodo para o paseo, sombreiro para o sol, chuvasqueiro para a choiva… ou calquera outra cousa que consideres para a túa comodidade.

Na actualidade dispomos de material de meditación para todos anque se o desexas podes levar o teu propio coxín, banco ou cadeira para meditar. Tamén delegamos en cada un que acuda con todo o necesario para sentirse a gusto e confortable así como a responsabilidade de comentar as súas necesidades.

Durante o encontro ofrecemos almorzo e xantar para todos. Podes nese día (ou calquera outro momento) facer unha doación á sangha para sufragar este custo mediante cartos, tempo de voluntariado ou materiais.

A dirección é A Portela, Vilas – Morgadáns (Gondomar). Podes escibirnos se prefires que compartamos contigo a localización no wassap.