Os ghatas son poemas breves que podemos recitar durante as nosas actividades cotiás para axudarnos a regresar ó momento presente e morar na plena atención. Os ghatas son parte esencial da tradición do budismo zen. Para usalos non se precisa de ningún coñecemento especial.
Cando enfocamos a nosa mente nun ghata volvémonos cara nós e somos máis conscientes de cada acción que realizamos. Cando o ghata termina continuamos coa nosa actividade cun estado de consciencia máis elevado. Cando memorices un ghata virache á mente con bastante naturalidade. Pero non é preciso aprenderse todos á vez. Podes comezar con un ou dous e aprender outros pouco a pouco. Nalgún tempo descubrirás que os aprendeche todos e incluso que estás creando os teus propios.
Ó inhalar, o meu corpo cálmase.
Exhalando, sorrío.
Somerxido no momento presente,
percátome de que este
é un momento marabilloso.
No seguinte libro podes obter máis información sobre a práctica dos ghatas. Inclúe 53 gathas para a vida diaria:
Momento presente. Momento maravilloso (de Thich Nhat Hanh)
Esta mañá, ó espertar, sorrío.
Ante min, vinte e catro horas radiantes.
Comprométome a vivir cada intre plenamente
e mirar a todos os seres cos ollos da compaixón.
Camiñar sobre a terra
é un milagre.
Cada paso consciente revélanos
o marabilloso Dharmakaya.
Ó abrir a ventá asomámonos ó Dharmakaya
Que marabillosa é a vida!
Atenta a cada intre
a miña mente é clara coma un río en calma.
O esquecemento é a escuridade.
A consciencia é a luz.
Que a miña plena consciencia
brile sobre toda vida.
A auga corre polas entrañas da terra.
Milagreiramente, a auga ven ata nós
e sustena a vida.
prometo falar con pureza e amor.
Cando a miña boca está fresca e exhala
o perfume da palabra xusta,
unha flor nace no xardín do meu corazón.
que reflicte os catro elementos.
A beleza é un corazón que xera amor
e unha mente que está aberta.
crecente ou decrecente.
Estes conceptos so existen na nosa mente.
A realidade do interser é insuperable.
sobre estas mans.
Poida usalas sabiamente
para conservar este marabilloso planeta.
máis alá do tempo e do espazo,
tanto a transmisión como a herdanza
descansan na natureza marabillosa
do Dharmadatu.
o meu corazón límpase.
O Universo é perfumado con flores.
As accións de corpo, fala e mente cálmanse.
dou grazas a aqueles que as fabricaron
e ó material co que se fixeron.
Desexaría que todos tiveran algo co que vestirse.
futuro buda.
Exhalando, sorrío.
Sumerxéndome no momento presente,
percátome de que este
é un momento marabilloso.
Sentada sen moverme, o meu corazón está en paz.
Este é un novo día.
Comprométome a vivilo conscientemente.
O sol da sabedoría brillará por todas partes.
vexo a miña verdadeira mente.
Prometo que unha vez que me sente
cesará toda confusión.
e ofrecendo a súa luz ós innumerables budas,
a paz e algría que sinto
iluminan a face da Terra.
tan brillante coma a Estrela Polar:
Ó Buda
vou por refuxio.
debaixo da árbore Bodhi.
O meu corpo é a plena atención mesma,
en calma e relaxado
libre de toda distracción.
Que todo o que a escoite sala do esquecemento
e trascenda toda ansiedade e sufrimento.
penetre profundamente no cosmos,
ata os recunchos máis escuros,
e así os seres vivintes poidan ouvila claramente,
para que a comprensión ilumine os seus corazóns
e, sen esforzo, poidan trascender
os reinos do nacer e o morrer.
Ao escoitar o son da campá,
son capaz de me desprender de todas as aflicións.
O meu corazón está en calma,
a miña tristura desaparece.
Deixo de me sentir atada a calquera cousa.
Aprendo a escoitar o meu sufrimento
e o sufrimento da outra persoa.
Cando nace o coñecemento en min,
tamén nace a compaixón.
Os sentimentos van e veñen,
como as nubes nun día de vento.
A respiración consciente
é a miña áncora.
Ao inhalar son moi feliz
abrazndo ao meu fillo.
Ao exhalar sei que é real
e está vivo nos meus brazos.
Cando limpo esta habitación,
fresca e tranquila,
xurde unha inmensa alegría,
e enerxía.
A mente pode seguir centos de direccións,
pero eu camiño en paz, por este marabilloso sendeiro.
Con cada paso sopra un vento suave,
con cada paso nace unha flor.
Nestas verduras frescas
podo ver un sol verde.
Todos os dharmas únense
para facer posible a vida.
O meu prato, agora baleiro,
axiña estará cheo de exquisita comida.
Ao ancho do mundo esfórzanse por sobreviviren.
Que afortunados somos de termos comida dabondo.
Nesta comida
podo ver claramente
a presenza do Universo enteiro
sustentando a miña existencia.
Este prato de comida
tan fragrante e apetecíbel
tamén contén muito sufrimento.
Esta comida é un agasallo da terra,
o ceo, innumerábeis seres vivos
e azaroso e agarimoso traballo.
Que poidamos comer con plena atención e gratitude
para ser merecentes desta comida recibida.
Que poidamos recoñecer e transformar
as formacións mentais insás
especialmente a nosa avidez.
Que poidamos comer so comida que nos nutra
e nos manteña sans.
Aceptamos esta comida para poder nutrir
a nosa irmandade como irmáns e irmás,
construir a nosa sangha e nutrir o noso ideal
de servir aos seres vivos.
Co primeiro bocado, comprométome
a ofrecer alegría.
Co segundo, comprométome
a axudar a superar o sufrimento dos demais.
Co terceiro, comprométome
a ver a alegría dos demais como a miña.
Co cuarto, comprométome
a aprender o camiño da ecuanimidade
e da xenerosidade.
O prato está valeiro,
o meu apetito satisfeito.
Comprométome a vivir
para o beneficio de todos os seres.
Lavar os pratos
é como lavar a un neno buda.
O profano é o sagrado.
Cada mente é a mente do buda.
Esta taza de té que sosteñen as miñas dúas mans
esperta a miña plena consciencia.
O meu corpo e a miña mente moran
realmente aquí e agora.
A terra dános a vida
e nútrenos.
A terra tómanola de novo.
Nacemos e morremos con cada respiración.
De quen é esta man
que nunca morreu?
Quen é o que naceu no pasado?
Quen é aquel que morrerá no futuro?
Escoita, escoita,
este son marabilloso tráeme de volta ao meu verdadeiro fogar.
As palabras poden viaxar miles de kilómetros.
Que as miñas palabras creen mutua comprensión e amor.
Que sexan fermosas coma pedras preciosas,
belas coma flores.
A mente é unha televisión
con miles de canais.
Eu escollo un mundo que estea tranquilo e calmado,
por iso a miña alegría será sempre fresca.
Ao pór en marcha o ordenador,
a miña mente entra en contacto co almacén.
Inclínome para transformar enerxías habituais
para axudar ao crecemento do amor e a comprensión.
Qué marabilloso é
fregar e limpar.
Día tras día,
o corazón e a mente vólvense máis claros.
Cando barro con coidado
o chan da Iluminación
florece na terra
unha árbore de comprensión.
A agua e a luz do sol fam as plantas verdes.
A chuva da compaixão e da compreensão
transforma os desertos
num imenso oceano fértil.
Posso cortar-te, pequena flor,
regalo do céu e da terra?
Obrigado querida bodhisattva
por fazeres a vida formosa.
Ao arranjar estas flores
no mundo de Saha,
o fundamento da minha mente
é puro e sereno.