Prezados irmáns e irmás,
O vindeiro sábado 12 de novembro celebraremos o noso encontro mensual de Compartindo coa Sangha. Nesta ocasión colaboraremos co programa de voluntariado organizado pola Comunidade de Montes de Teis (Vigo). Ademáis, pola tarde teremos oportunidade de participar nun roteiro polos seus montes recollendo castañas para, posteriormente, desfrutar todos xuntos/as dun magosto. Unha proposta marabillosa que compartimos con alegría.
Comentarvos que as tarefas de voluntariado están adecuadas para todos os públicos / capacidades. Non é preciso levar ferramentas e queda a elección de cada quen levar sombreiro, chuvasqueiro… o que considere para o seu benestar.
Queremos tamén aproveitar o encontro para facer unha reunión e tratar na sangha dunhas cuestións. A primeira e a aprobación do pago dunhas melloras para a páxina web da sangha, que afectarán principalmente á área privada de Biblioteca. A segunda é pór en común a posibilidade de mudar a lingua pola cal nos comunicamos e expomos, de galego-castelán a galego-portugués, con interese en escoitar cal as vosas ideas é descubrir o ollo da sangha.
Este é o horario detallado:
- 9:00-9:15h reunímonos na praza diante de Vigozoo
- 9:15-12:00h tempo de voluntariado coa Comunidade de Montes de Teis
- 12:00-13:00h tempo de descanso
- 13:00-14:00h reunión para tratar as cuestións da sangha
- 14:00-16:30h xantar compartido (cada un leva algo) e tempo de lecer
- 16:30h roteiro para recoller castañas e acehgarnos ao proxecto do monte da Madroa
- 18:00h (aprox.) magosto
Lembrade que para esta actividade é preciso reservar previamente por telefóno (podedes escribir un wasap ou chamar, 677 718 791).
Grazas pola vosa práctica e presenza!
Unha forte aperta.