Estes encontros lévanse a cabo de xeito presencial todos os venres pola tarde en Vilas (Gondomar). Tamén enviamos o día anterior o material de práctica por correo electrónico para aquelas persoas que non poden asistir físicamente.
O horario desenvólvese así:
19:00 Acollida
19:25 Canto da Tarde
Meditación sentada
20:00 Lectura de Texto
20:10 Meditación camiñando
20:30 Compartir do Dharma
21:00 Canto e Despedida
As actividades en cursiva desenvólvense en silencio
Recomendamos acudir con roupa cómoda para compartir as actividades da tarde.
Na actualidade dispomos de material de meditación para todos e todas aínda que se o desexas podes levar o teu propio coxín, banco ou cadeira para meditar. Tamén delegamos en cada un que acuda con todo o preciso para sentirse a gusto e confortable así como a responsabilidade de comentar as súas necesidades.
A dirección é A Portela, Vilas – Morgadáns (Gondomar). Podes escibirnos se prefires que compartamos contigo a localización.