Estes encontros lévanse a cabo o primeiro venres de mes a través de Google Meet.
Para participar so precisas dispor dunha conta de Gmail. Podes suscribirte á lista de correo para recibir no mesmo día o enlace de acceso.
Así se desenvolve o horario da sangha online:
19:00 Acollida
Na sangha presencial, este é un tempo no que podemos desfrutar de que xa chegamos, que xa estamos no noso verdadeiro fogar, na nosa illa interior. Aproveitamos estes minutos para que todos e todas poidamos acceder correctamente á sala así como coñecernos mellor ou simplemente desfrutar dun repouso compartido.
19: 25 Canto da Tarde
A partir deste momento péchase a sala. Iniciamos, como cada xornada, cunha versión en galego do Canto da Tarde (podes oír a versión oficial en castelán aquí).
19:30 Meditación sentada
A meditación sentada comeza cunha pequena guía que nos lembra como anclarnos á nosa respiración, ó momento presente; despois continuamos en silencio ata oír o son da campá.
20:00 Lectura de Texto
Lemos un pequeno texto de Thay para logo deixar algúns minutos de introspección persoal.
20:15 Compartir do Dharma
Encántanos o compartir do Dharma. Explicamos no momento con máis detalle como se desenvolve, pero principalmente consiste en expresar de xeito amoroso e dende a propia experiencia o que queremos compartir coa sangha (a experiencia do día, as dificultades coa práctica, situacións de conflicto…); mentres, os demáis acollen en silencio, con compaixón e sen xuizo.
21:00 Canto (Despedida)
Compartimos na sala a letra dun pequeno canto co que poder despedirnos.
As actividades marcadas en cor compártense en silencio.