Hai un par de meses avisáronme da morte da nai dun irmán maior da sangha. Quedei sen palabras. Sentín incertidume sobre que dicir e que non, e vin con claridade que as palabras correctas para unha persoa podían estar totalmente vacías para outra.
Víñame á mente o “principio de adecuación” e observaba o difícil que pode resultar ofrecer consuelo a alguén que está na práctica, que coñece a interdependencia, o interser, o vacío… e que, a pesares diso, na súa cualidade humana sigue tendo emocións e sentimentos profundos como os que pode evocar a morte dunha nai.
Mentres conducía comecei a sentir no meu interior un canto, algo que me ocurre ás veces. Íao tarareando e a cada volta collía novos xiros, máis fluidez, ata que sentín que aquel canto precisaba dunha letra. Viume entón inmediatamente este poema de Thay, Interrelación:
Tú eres yo y yo soy tú.
¿No es evidente que “inter-somos”?
Tú cultivas la flor que hay en ti
para que yo sea hermoso.
Yo transformo la basura en mí,
para que no tengas que sufrir.
Yo te apoyo
y tú me apoyas.
Yo estoy en este mundo para ofrecerte paz;
tú estás en este mundo para darme alegría.
Thich Nhat Hanh
As palabras e os sons uníronse inmediatamente, como se un estivese feito para ó outro. Así como rematei a miña viaxe, grabei o canto e llo enviei a este querido irmán como xeito de expresión do primeiro mantra de Thay: “Estou aquí para ti”.
Hoxe desexaba compartilo con todos os irmáns e irmás da sangha.
Un fermoso loto, futuros Budas.
Compaixón Radiante do Corazón