Estamos a mudar o aspeto do site e adaptando-o a multilingue assim que pode haver coisas bem estranhas! Muito obrigado pela vossa paciência :)

Preciso un cuarto propio onde meterme nos días escuros e as noites claras. Un lugar onde poder dar rienda solta a minha liberdade e onde entren todalas musas e fadas deste mundo onírico no que mora o meu ser etèreo.
Non serve un lugar normal, un cuarto propio precisa algo mais, precisa da profundidade e o silencio dunha cova.
Precisa desa soidade que contèn todalas formas e ningunha.
O cuarto da non mente, da non materia, do vacío.
Wolf ensinoume a anhelalo e a ela lle debo estas letras, mestra da liberdade, da sua búsqueda e expresión.
O meu cuarto propio xa está dentro de min e isto ofréceme alento.
Non preciso unha casa para telo xa que a casa son eu. Non preciso riqueza xa que naceu conmigo.
E agora que o sei vou adicarme a adornalo como eu quero, enchereino de portas de cristal brancas e abertas polas que entre o cheiro de flores frescas e sempre habrá nel unha candeia acendida, un libro de poesía e unha cadeira vacía.

Iria Medraño González