Diario de Práctica Experiencias Reflexións

A forza do hábito

A semana 3 está resultando tediosa… Sen embargo intento non afogar na frustración; tampouco na culpa, camiño que coñezo ben.

Ó longo destes días, cando teño ganas de ir ó baño e me lembro da práctica desta semana me digo “ben! outra oportunidade para practicar a semana 3!”, así que salo decidida a camiñar moi atentamente. “Paz… Amor…”, e cando me dou conta xa estou sentada sen saber sequera en que me momento entrei no baño, e me digo “como é posible? se hai un momento estaba moi atenta e de repente xa estou aquí sen ser sequera consciente”, pero esa é a forza do hábito, viaxar de pensamento en pensamento e de rutina en rutina mentres a vida transcorre.

Noutros momentos me lembro da práctica cando estou entrando no baño, pero considero que levo moita presa así que negocio mentalmente comigo con cousas como “bueno, agora non podemos pararnos con gathas, pero estás aquí atenta”. Sei que é como contarme unha medio mentira, que en realidade non é unha boa práctica, pero me consuela pensar que peor sería non terme sequera lembrado. Logo recordo que a plena consciencia (neste caso ser consciente de que hai unha práctica que non estou facendo por presa, pereza, calqueraquesexaomotivo) se non vai acompañada de acción (facer a práctica e deixarse de diálogos mentais) non supón moita transformación. De seguido penso de xeito máis autocompasivo e a cuestión tórnase máis suave.

Penso que moitas outras veces o que ocorre é que me lembro cando xa estou dentro do baño, non teño nengunha presa e sinto moito espírito por seguir mellorando na práctica. Cando isto ocorre sorrío e volvo salir do baño, me afasto un par de metros e comezo a práctica “Paz… Amor…”, e se me desconcentro volvo comezar.

Tomar a decisión de volver saír do baño e recuperar a práctica fortalece non son a forza dun novo hábito que me interesa máis senon tamén a miña dilixencia (a miña capacidade de insistir nun propósito) así como a miña volición (a miña vontade de seguir mellorando). Tamén alimenta outras sementes fermosas do meu corazón como a paciencia, a compaixón ou a alegría.

Namorada me sinto da práctica, incluso nas semanas máis torpes!

Compasión Radiante del Corazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *