Estamos a mudar o aspeto do site e adaptando-o a multilingue assim que pode haver coisas bem estranhas! Muito obrigado pela vossa paciência :)

Melloras e propósitos (Conclusións da Asamblea da CBI)

Queridas irmás e irmáns,

Nesta fin de semana puidemos asistir por primeira vez á Asamblea anual da Comunidade Budista do Interser (CBI), representante de Plum Village en España e encargada no noso país da xestións das Sanghas na tradición do mestre Thich Nhat Hanh.

A experiencia foi verdadeiramente fermosa e enriquecedora, tanto así que sentimos asumir novos compromisos para o coidado e a mellora do benestar da Sangha e, con iso, de todos os irmanciños e irmanciñas que a construimos e a nutrimos cada día.

Algúns destes novos propósitos son auténticas Estrelas Polares, pois sabemos que será preciso algún tempo para que se den as condicións necesarias para levalas a cabo, sen embargo, cara ahí camiñamos. Pola contra, outras son máis accesibles e, en concreto, vos escribimos para presentarvos unha desas melloras:

A partir deste mércores día 25 poderedes unirvos á práctica da Sangha dende o voso fogar.

Mais… non se trata de Zoom, nin Skype, nen ningunha outra tecnoloxía máis que o voso correo electrónico. O obxectivo é a busca da auténtica comunión e, por suposto, do compromiso. Do compromiso cun mesmo, coa Sangha, e co mundo.

Pretendemos que todos e todas poidamos meditar e practicar dende os nosos respectivos fogares no mesmo momento, sustentándonos na enerxía da Sangha e pondo en práctica unha das grandes cualidades necesarias para a realización do Bodhisattva: a dilixencia.

A idea nace do impedimento actual para reunirnos anque pretende ir máis alá. O noso propósito é que esta proposta perdure no tempo á marxe da situación, de xeito que aqueles que non podedes desplazarvos por distancia, traballo, horario… teñades a oportunidade de unirvos igualmente á práctica semanal da Sangha, compartindo no mesmo tempo a mesma enerxía e orientación. Para iso, cada mércores recibiredes no voso correo o programa do día xunto cos textos específicos para unirnos en meditación e presencia.

A maiores, queremos aproveitar este comunicado para comentarvos que estamos (e seguiremos nos seguintes días) facendo melloras na web, nos correos… Tamén queremos por en valor o Diario de Práctica que, como sabedes, está á vosa disposición para que poidades dispor dun espazo no que compartir coa Sangha o Dharma: as vosas vivencias, os vosos tropezos, as vosas reflexións (libres de xuízos e baseadas na propia experiencia), o vosa inmersión na atención plena… a través de debuxos, poemas, narracións, cancións, fotografías, vídeos, prácticas ou calquera outro medio de expresión que consideredes.

A primeira hora da tarde do mércores enviarémosvos un correo con máis detalle sobre as orientacións para compartir a práctica semanal da Sangha, ata entón esperamos atoparvos en calma.

Un fermoso loto,

Sangha Terra de Presencia.