Estamos a mudar o aspeto do site e adaptando-o a multilingue assim que pode haver coisas bem estranhas! Muito obrigado pela vossa paciência :)

Afondando na práctica (Semana 11)

No debemos desestimar el efecto que nuestras palabras producen cuando las usamos con corrección. Las palabras que decimos puedes crear comprensión y amor. Pueden ser bellas como gemas y hermosas como flores y pueden hacer felices a la gente.

Thich Nhat Hanh

Querida amiga, querido amigo,

Con inxenio e dilixencia (que valiosa é a constancia!) podemos encher o noso día a día de campás de atención plena, de pequenas “alarmas” que nos lembren o noso propósito de vivir de xeito atento.

A gran marabilla destas campás da atención, destes “espertadores”, é que so precisamos determinar cales serás as nosas campás, e é despois a vida na que, co transcurso do día, as “invita a sonar” de xeito inesperado para nós. Que forma tan creativa e divertida de fortalecer a nosa práctica!

Pois niso estaremos traballando coa prosposta desta semana de Thay para afondar na plena consciencia.

Lembra que podes consultar as propostas das semanas anteriores no seguinte enlace:

https://terradepresencia.org/?s=manual+plena+consciencia

Tamén podes suscribirte á lista de correo para recibir as seguintes propostas no teu email:

terradepresencia.org/suscripcion-o-correo-electronico/

Que teñas un descansado fin de semana,
Un fermoso loto.

PD. Se che apetece podes compartir con nós cales son esas “campás” que paran o teu día, que cada vez que as escoitas, sínteste inmediatamente invitado, invitada, a regresar ó momento presente.

SEMANA 11

Todos os sons de teléfonos, portas, reloxos, etc. serán as miñas campás de atención (observarei o impulso que me leva a coller o meu teléfono automáticamente e con ansiedade ás veces) e farei unha respiración profunda e consciente antes de collelo.

Inhalo, sorrío á miña ansiedade.

Exhalo, relaxo todo o meu ser.

E despois ó colgar farei tres respiracións profundas e conscientes (como na semana 10).